Saturday 18 de May de 2024

Medio Ambiente aproba as normas en relación cos animais de compañía e colonias felinas de aplicación durante o estado de alarma


 

As medidas anúncianse seguindo as recomendacións elaboradas pola Dirección Xeral de Dereiros dos Animais do Ministerio de Dereitos Sociais

Seguindo as recomendacións elaboradas pola
Dirección Xeral de Dereitos dos Animais, dependente do Ministerio de Dereitos
Sociais e Axenda 2030, a Concellería de Medio Ambiente acaba de aprobar as
seguintes pautas en materia de animais de compañía durante o estado de alarma:
I. Saída con cans á vía pública. Está permitido saír do domicilio co fin de sacar a
pasear aos cans, debendo observarse en todo momento as seguintes medidas:
1) Os cans deben ser paseados, na medida do posible, polos seus propietarios e
propietarias. Será obrigatorio levar a documentación identificativa do animal debido
a que os axentes de policía poderán solicitala.
2) A saída será polo tempo estritamente necesario para cubrir as necesidades
fisiolóxicas do can.
3) Os cans irán permanentemente suxeitos con correa, e evitarase en todo
momento o contacto con outros cans e/ou persoas. Non poderán deixarse soltos en
ningún espazo público nin privado de uso público, nin en espazos privados con fácil
acceso desde a vía pública.

Comunicado

4) Ao sacar ao can á vía pública deberá levarse unha botella de auga con
deterxente para limpar os ouriños, así como bolsas para recoller as deposicións.
II. Alimentación de colonias felinas. Autorízase ás asociacións de voluntarios e
voluntarias que actualmente xestionan as colonias felinas existentes no termo
municipal para que acudan a alimentar aos gatos das súas colonias, debendo
observar en todo momento as seguintes normas:
1) Só se autoriza a unha persoa por cada asociación e/ou colonia felina para acudir
a alimentar aos gatos, respectando as normas establecidas nos convenios, relativas
a lugar de alimentación, clase de alimento e medidas de limpeza e hixiene.
2) A alimentación dos gatos realizarase preferiblemente en horarios de menos
afluencia, e tratarase de espaciar o máximo de días posibles, sen que caiba a
alimentación diaria.
3) Evitarase todo contacto cos animais, salvo que excepcionalmente sexa
necesario, nese caso observaranse as medidas de hixiene posteriores.
4) Non se permite a caza de gatos para esterilización ou tratamentos durante a
vixencia do estado de alarma.
A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade achegaralles ás asociacións e
persoas voluntarias que están a cargo das colonias felinas unha autorización para
se identificar en caso de ser requeridos polas forzas de seguridade.